SANTA MARÍA DE MEIRA

Relixioso
3515

Localización

Parroquia: Meira (Santa María)

Lugar: Meira

Praza do Concello s/n

27240  Meira - Lugo

Coordenadas:
43º 12' 46.8" N - 7º 17' 29.3" W

Descrición

Monumento románico dos máis interesantes de Galicia, de influencia arquitectónica borgoñona, limpo de toda influencia compostelana, construído a finais de o s. XII e comezos do XIII, consagrado en 1258 e declarado Monumento Nacional en 1931.

Pertencente ao antigo mosteiro cisterciense de Meira, do que quedan algúns restos. Fabricado con cadeirado granítico e cuberto con lousa, é de planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, unha no cruceiro e cinco capelas na cabeceira, con estancia apegada á capela central semicircular, a modo de sala de reliquias decorada con pinturas murais do s.XVII e restauradas.

Fachada con grande rosetón central, porta principal románica de tres pares de columnas con ornamentación sinxela e grandes arquivoltas, da que destacan as ferraxes de estilo románico (s. XIII), flanqueada por dúas ventás estreitas e alongadas, unha torre lateral con espadaña superior dun só van e contrafortes que sinalan as tres naves. Grande sobriedade ornamental tipicamente cisterciense tanto na fachada coma no interior. Interior: bóvedas de canón apuntado na nave central e brazos do cruceiro e bóvedas de arestas en naves laterais, sepulcro de María Bolaño de 1518, lápida de enterramento de fray Antanasio Zepeda de 1659  e varios retablos de grande interese, con talles.

Conserva unha sala apegada á nave lateral sur que contén un tramo do claustro regular do s.XVI con bóveda en pedra nervada e floróns colgantes, porta de entrada baixo arco de medio punto con 2 arquivoltas decoradas e 2 pares de columnas a cada lado, con bases e capiteis tamén decorados. Xambas con bolas, tímpano liso con incrustación dun Agnus Dei en pedra.

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Cistercienses

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba