Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTA MARÍA DE MEIRA&body=Recoméndoche que leas a información SANTA MARÍA DE MEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5328/santa-maria-de-meira?langId=gl_ES%26tp=8%26ctre=33
Monumento románico dos máis interesantes de Galicia, de influencia arquitectónica borgoñona, limpo de toda influencia compostelana, construído a finais de o s. XII e comezos do XIII, consagrado en 1258 e declarado Monumento Nacional en 1931.
Pertencente ao antigo mosteiro cisterciense de Meira, do que quedan algúns restos. Fabricado con cadeirado granítico e cuberto con lousa, é de planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, unha no cruceiro e cinco capelas na cabeceira, con estancia apegada á capela central semicircular, a modo de sala de reliquias decorada con pinturas murais do s.XVII e restauradas.
Fachada con grande rosetón central, porta principal románica de tres pares de columnas con ornamentación sinxela e grandes arquivoltas, da que destacan as ferraxes de estilo románico (s. XIII), flanqueada por dúas ventás estreitas e alongadas, unha torre lateral con espadaña superior dun só van e contrafortes que sinalan as tres naves. Grande sobriedade ornamental tipicamente cisterciense tanto na fachada coma no interior. Interior: bóvedas de canón apuntado na nave central e brazos do cruceiro e bóvedas de arestas en naves laterais, sepulcro de María Bolaño de 1518, lápida de enterramento de fray Antanasio Zepeda de 1659 e varios retablos de grande interese, con talles.
Conserva unha sala apegada á nave lateral sur que contén un tramo do claustro regular do s.XVI con bóveda en pedra nervada e floróns colgantes, porta de entrada baixo arco de medio punto con 2 arquivoltas decoradas e 2 pares de columnas a cada lado, con bases e capiteis tamén decorados. Xambas con bolas, tímpano liso con incrustación dun Agnus Dei en pedra.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.