ANTIGA IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE LAGOSTEL

Relixioso
247
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lagostelle (San Xoán)

Lugar: Guitiriz

27300  Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 10' 49.9" N - 7º 53' 08.9" W

Descrición

Primitiva igrexa da vila de Guitiriz, fundada no s. XIV como capela, con reformas nos ss. XVI e XVII, sendo reconstruída entre 1719-20 correndo a reforma a cargo do mestre Baltasar Varela. En 1831 levantáronse as dúas torres que flanquean a fachada, con pocua ornamentación e de dous corpos. Novas reformas posteriores. Fabricada en sillería granítica e con cuberta de pizarra a dúas augas en nave rectangular e a catro en capela maior, cuberta de bóveda de nervatura gótica. No muro dereito da nave ábrese unha pequena capela cuberta de bóveda de cañón, no muro esquerdo outra capela de forma cadrada e cuberta de bóveda de nervatura gótica sinxela, sacristía de dobre pranta e sinxelo pórtico lateral dereito. Fachada principal con porta adintelada e hornacina coronada por frontón circular coa imaxe en relieve de San Xoan Bautista, con restos de policromía. Porta lateral tamén adintelada. Interior: inscripción fundacional, escudo dos Montenegro e arcosolio en capela lateral esquerda, catro retablos barrocos e un moderno con tallas. Cruceiro no atrio.

Acceso

Dende o núcleo de Guitiriz se toma a N: VI dirección a Lugo, e a 1 km detrás do Cuartel da Guarda Civil atopase a igrexa. 

Accesibilidade

A pé, en coche e autobús.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba