IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE ALBÁ

Relixioso
1058
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Albá (Santiago)

Lugar: Albá

27207  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 45.9" N - 7º 53' 15.9" W

Descrición

Igrexa románica de finais do s. XII, con reformas posteriores. De planta rectangular, composta por nave, presbiterio máis alto e sancristía. Fabricada con muros de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas e catro augas. Frontis con porta principal de arco de medio punto con dúas arquivoltas abucinadas, tímpano alintelado con cruz incisa inscrita nun círculo e capiteis sinxelamente decorados. Presenta espadana de dobre corpo e dous vans. No lateral sur ábrese outra porta románica moi decorada. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior neoclásico do XIX e retablos laterais máis sinxelos.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba