IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE MACEDA

Relixioso
618
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Maceda (San Miguel)

Lugar: Maceda

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 54' 38.9" N - 7º 52' 41.9" W

Descrición

Igrexa construída sobre un primitivo templo románico. De planta rectangular cun só corpo, fabricada con muros de cadeirado de granito e cuberta con tella a tres augas. Frontis con porta alintelada e espadaña dun van. A porta lateral sur, con arco interior, parece ser de primitiva edificación. Ao refacer os muros do adro atopouse un capitel románico sinxelamente decorado. Interior: arco triunfal de medio punto e retablo de liñas neoclásicas e ornato barroco do s. XIX. Adro-cemiterio en torno.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!