IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE BERBETOUROS

Relixioso
703
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Berbetouros (San Miguel)

Lugar: Riba do Marco

27206  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 55' 21.9" N - 7º 48' 15.9" W

Descrición

Igrexa románica con reformas dos ss. XVII-XVIII. De planta rectangular, composta por nave e ábsida máis reducida, ambos os dous rectangulares. Fabricada con cadeirado de granito e cuberta con lousa a dúas augas. Fachada principal con porta de arco de medio punto e espadana de dobre corpo e dous vans. Destaca a portada románica do muro sur, de arco de medio punto formado por dúas arquivoltas gornecidas por unha moldura axedrezada, con capiteis de variada decoración e tímpano alintelado coa cruz de Santiago incisa. Interior: arco triunfal de medio punto con capiteis decorados e retablo maior con talles de antigüidade. Adro-cemiterio en torno.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!