IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE ESPORIZ

Relixioso
1063
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Esporiz (San Miguel)

Lugar: Esporiz

27560  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 49.9" N - 7º 50' 29.0" W

Descrición

Igrexa de estilo románico da 2ª metade do século XII, con reformas do XVI e presbiterio do XIX. Nave rectangular, con ábsida cadrada e sancristía pegada ao lado esquerdo do presbiterio. Muros de cachotaría e cantería de granito e cuberta de tella a dúas augas. Na nave, a portada principal é de medio punto, con arquivolta interior, decoración de arcos e bandas no exterior, billetes, e dúas ordes de columnas e fustes estriados con bólas. Capiteis con motivos vexetais e animais. A portada sur ten arco de medio punto oculto ao exterior por un tímpano alintelado. No tellado consérvanse varios canzorros de decoración variada. O arco triunfal é de medio punto, de aresta viva e gornición de escocia e axadrezado, apoiado en columnas dunha orde e capiteis de ornamentación variada. Nos muros laterais da nave hai varios arcosolios con pedras de armas, que foron rematados no ano 1588.

Acceso

En Monterroso tomar dirección Santiago ( ben sinalizado ). A 500 m. tomar pista á dereita e a 200 m. está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!