IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANDRÉ DE SIRGAL

Relixioso
779
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sirgal (Santo André)

Lugar: Sirgal

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 19.0" N - 7º 49' 14.9" W

Descrición

Igrexa con nave de planta rectangular, ábsida cadrada e sancristía pegada ao alzado esquerdo do presbiterio. Os muros que a conforman son de cachotaría e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. A portada está rematada nunha espadana de dous vans.

Conserva no altar maior un retablo de estilo Neoclásico.

No lugar do Castro érguese un cruceiro e os restos do cemiterio. Segundo conta a lenda aquí era onde se situaba a primitiva igrexa románica da que non quedan restos. Mantense na memoria colectiva o costume ancestral de ir lavar a cara ao amencer de san Xoán coa auga recollida nun sarcófago.

Acceso

Situados en Monterroso, na estrada de Lugo á altura da Pista do Marco, coller o camiño que está en dirección oposta (cara a Sirgal). A 2  km á esquerda está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!