IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ARADA

Relixioso
768
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arada (Santa María)

Lugar: Arada

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 48' 01.0" N - 7º 49' 02.9" W

Descrición

Edificio barroco, con nave rectangular e sancristía pegada ao alzado norte da capela maior. Os muros que a conforman son principalmente cantería de granito, e a cuberta é de tella a dúas augas.
O arco triunfal é de medio punto, reafundido nas pilastras.
A portada é alintelada, con decoración de pilastras estriadas e pirámides emboladas. A porta enmárcase dentro dunha moldura apoiada. A espadana que culmina o frontis está formada por dous corpos, con dous vans o inferior, e o superior con oco na parte central, roleos de pulseira e cimeira redondeada. O retablo da capela maior é de estilo neoclásico, e o das laterais barroco; o da dereita atópase inserto nun arco cego.

Acceso

En Monterroso tomar dirección a Lugo. A 1,3 km. tomar pista á esquerda. A 600 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!