IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LEBOREI

Relixioso
373
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Leborei (Santa María)

Lugar: Leborei

27215  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 49' 14.0" N - 7º 49' 00.9" W

Descrición

Edifico Románico con importantes reformas nos séculos XVIII e XIX, que afectaron principalmente ao frontis e ao tellado. A nave é rectangular ao igual que a ábsida, esta última máis estreito. Os muros que a conforman son de cachotaría e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. Tanto a portada principal como a lateral son alinteladas. O arco triunfal é de medio punto e aresta viva, que descansa directamente sobre o muro de peche mediante unha imposta de bólas no bisel, que se estende ata os paramentos da nave. A portada principal está rematada nunha espadana de dous vans. Tanto o retablo da capela maior como o da esquerda son de estilo Neoclásico, realizados a principios do século XIX.

Acceso

Saíndo de Monterroso, dirección Lugo, coller un desvío sinalizado á esquerda. A 1 km, desviarse á dereita. A 3 km está Leborei, onde hai que tomar un desvío á esquerda, ao lado dun carballo rodeado dun muro. A 400 m, ao rematar as casas, hai unha pista á esquerda e a 100 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!