IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE FRAMEÁN

Relixioso
112
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Frameán (San Pedro)

Lugar: Frameán

27569  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 46' 22.0" N - 7º 49' 23.9" W

Descrición

Obra Románica do século XII, que conserva a planta primitiva.
A nave e a ábsida son de planta rectangular e os muros que a configuran son de cachotaría e cantería de granito, coa cuberta de tella a dúas augas.
Na ábsida consérvase unha ventá con arco de medio punto perfilado de baquetiña con gornición de axadrezado, que pola parte interior se abre con arco peraltado e bordo de bocel.
Consérvanse canzorros lisos e con decoración xeométrica tanto no exterior dos muros coma na nave.
A portada principal, rematada cunha espadana de dous vans, foi remodelada recentemente, substituíndo á de estilo románico.

Acceso

Saíndo de Monterroso tomar dirección Taboada. A 2,7 km desvío á dereita. A 100 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!