IGREXA DE SAN VICENTE DA SARIÑA

Relixioso
973
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Sariña (San Vicente)

Lugar: Soutariz

27515  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 06.9" N - 7º 44' 02.9" W

Descrición

Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantería de granito e a cuberta é a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas e presenta unha fornela cunha imaxe tallada en pedra. No muro norte da nave hai un altar apegado ao muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podio.

Acceso

En Chantada tomar a LU-P-1801 en dirección aos Peares.  A 6 km atópase a aldea da Sariña. A igrexa está a 100 metros da estrada por un acceso difícil.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba