IGREXA DE SANTA MARÍA DE PESQUEIRAS

Relixioso
2299
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa María)

Lugar: O Outeiro

27516  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 49.6" N - 7º 43' 43.7" W

Descrición

Edificio románico, do que hai referencias da súa remodelación de mans de Juan Matheu, por unha inscrición do ano 1121. De planta rectangular con ábsida semicircular e nave con dous tramos, con contrafortes no exterior.
A ábsida ten arco triunfal, columnas nunha orde e capiteis vexetais.  No exterior ten columnas apegadas e tres ventás de arco de medio punto, con capiteis e canzorros con motivos vexetais e xeométricos. No lenzo sur hai unha portada de dúas arquivoltas. A fachada foi reconstruída con posterioridade.
No interior destacan as pinturas murais da cabeceira datadas no século XVI. Nelas represéntase a Anunciación, a Resurrección de Cristo e o Xuízo Final.

Acceso

En Chantada tomar a N-540 en dirección Lugo. A 500 m coller o desvío á dereita pola estrada LU-P 1802 e a 1,6 km coller novamente un desvío á dereita pola LU-P 1811.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!