IGREXA PARROQUIAL DE SAN PAIO DE MURADELLE

Relixioso
1102
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Muradelle (San Paio)

Lugar: San Paio

27510  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 16.9" N - 7º 49' 39.9" W

Descrición

Edificio do século XII que sufriu importantes reformas no século XVIII e do que só se conservan as dúas portadas. A nave é rectangular con ábsida cadrada e capela engadida no lateral sur. Os muros son de cachotería e cantería de granito e a cuberta de tella a dúas augas. As dúas portadas da nave e o muro da fronte pertencen á construción románica. A portada principal ten arco de medio punto con arquivoltas de baquetón, imposta de rosetas e columnas con capiteis de grifóns e decoración vexetal. O tímpano está decorado con figuras humanas. A portada norte ten tamén arco de medio punto de sección rectangular con lintel pentagonal. No século XVIII reedifícase e faise unha nova ábsida e unha capela lateral. O frontispicio remata cunha espadana de dous vans.

Acceso

En Chantada tomar a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 7 km aproximadamente desviarse á dereita pola LU-211.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!