CONVENTO DAS CONCEPCIONISTAS

Relixioso
544

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

Rúa Irmáns Vilar Ponte 29

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 41.0" N - 7º 35' 38.0" W
+34 982 560 128

Descrición

Construción que data do S.XVII. O seu estilo barroco contrasta coa ábsida románica da igrexa de Santa María del Campo (situada fronte ao convento). No interior da igrexa áchase o sepulcro da súa fundadora Dona María de las Alas Pumariño.

No exterior construíuse en 1925 a gruta de Lourdes, imitación da existente en Francia. Imaxe moi venerada polos vivarienses e visitantes.

Acceso

En Viveiro atravesar a porta de Carlos V e continuar recto ata a rúa Teodoro de Quirós, desembocando no entorno da Praza de Santa María onde atopamos o Mosteiro das Concepcionistas.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Franciscanos
Concecionistas
Arriba