CAPELA DE SAN ROQUE

Relixioso
786

Localización

Parroquia: Leirado (San Salvador)

Lugar: San Roque

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 47.9" N - 8º 27' 38.0" W

Descrición

Situada nun ámbito axardinado e presidindo un cruzamento de camiños. A súa construción data do ano 1792. O conxunto complétase cun cruceiro de magnífica labra e un templete onde se celebra cada 16 de agosto as festas en honra do seu titular. Un pórtico con arco apuntado e espadana dá paso ao amplo adro onde se atopa a porta alintelada que dá acceso ao interior da Ermida de planta rectangular. Recentemente foi restaurada polos veciños.
Arriba
Axúdanos a mellorar!