AS CONCEPCIONISTAS

Relixioso
451
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mondoñedo (Nosa Señora do Carme)

Rúa das Concepcionistas

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 41.9" N - 7º 21' 54.0" W

Descrición

Edificio que data do s. XVIII, construído xunto a unha das portas da antiga muralla da cidade de Mondoñedo. Consta de igrexa de planta rectangular con coro alto e baixo, claustro cadrado de tres pisos e arredor as dependencias conventuales. De fábrica de granito e cuberta de lousa. A igrexa foi aberta ao culto en 1716, é dunha soa nave con dous tramos de bóveda de arestas, cúpula de media laranxa e presbiterio cuberto con bóveda de arestas. Frontis con portada que consta de dúas pilastras sostendo entaboamento e frontón circular coa imaxe pétrea da Inmaculada, e no alto dous escudos dos fundadores e da Orde Franciscana. Interior: tres retablos barrocos con esculturas. Neste convento viven na actualidade monxas de clausura que fan traballos de bordados e artesanía.

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Estilos

Renacentista

Orden Relixiosa

Concecionistas
Arriba