Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN PANTALEÓN DE CABANAS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN PANTALEÓN DE CABANAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5593/igrexa-de-san-pantaleon-de-cabanas?langId=gl_ES
Coas reformas do s. XVIII, que afectaron preferentemente á capela maior e nave, o templo perdeu parte da súa fábrica primitiva gótica, de finais do s. XIV e comezos do XV, da que se conserva a súa entrada principal.
De planta rectangular, fabricada en cachotería granítica con perpiaños nas esquinas e vans, con cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en presbiterio e a tres en sancristías pegadas en ambos os dous laterais. No fronte destaca a torre campanario barroca de dous corpos, con remate en cúpula, e a porta principal de estilo gótico, con arquivolta de arcos lobulados nas xuntas dos cales aparecen un xabaril e un lebreiro e con arco trilobulado interior, que descansa mediante impostas con rosetas en columnas con capiteis de talos e alta basea. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior rococó do último terzo do XVIII, retablo dereito salomónico do primeiro terzo do XVIII e retablo esquerdo de mediados do mesmo século. Adro murado arredor, de cachotería granítica, onde se repite a figura de xabaril.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.