CAPELA DA VIRXE DO CARME

Relixioso
173

Localización

Parroquia: Muros (San Pedro)

Lugar: Muros

Rúa Carmen s/n

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 30.9" N - 9º 03' 34.9" W

Descrición

De estilo barroco, a capela foi construída no ano 1766. Sábese que en 1876 era propiedade do notario de Muxía, Manuel Romero Fernández, quen debeu adquirir o dereito por compra de bens ao párroco de Louro, Ramón Neira. Posteriormente pasa a ser propiedade de Abelardo Dubert. Situada no barrio do Carme, está dedicada á patroa dos mariñeiros. Capela de estilo barroco, está formada por unha planta dunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de medio punto apoiado sobre pilastras; cada un dos tramos cóbrese con bóveda de cruzaría. Na cabeceira atópase a capela maior, compartindo dimensións cos tramos anteriores. Accédese a través dun arco de medio punto e cóbrese con bóveda de aresta. Un friso con diversas molduras percorre todo o interior recollendo os capiteis das pilastras e os arranques das bóvedas. No seu interior albérgase a imaxe da patroa das xentes do mar: a Virxe do Carme, que na actualidade se atopa na igrexa parroquial na capela de Santo Antonio.

Acceso

No mesmo núcleo.
Arriba