IGREXA DE SAN XOÁN DE SABARDES

Relixioso
1230

Localización

Parroquia: O Freixo de Sabardes (San Xoán)

Lugar: A Ribeira do Freixo

15288  Outes - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 57.0" N - 8º 56' 56.9" W

Descrición

A igrexa primitiva foi consagrada polo Arcebispo Xelmirez no ano 1102 e encomendada os monxes benedictinos.
A actual foi construída no S XVII con estilo Barroco.

Ten tres retablos no interior. O altar maior conta cun retablo adicado a San Xoan Evanxelista profusamente decorado con imaxes de San Bernaldo, San Basilio, e un imaxe de Deus coroando o conxunto.
Nos laterais da igrexa atopamos un adicado a Socorro e outro a Santa Ana.
No retablo do Socorro están as imaxes de San Xoxe, a Virxe do Socorro e San Bieito.
No retablo de Santa Ana  están as imaxes da Virxe do Rosario, Santa Ana e San Antonio.
Arriba