IGREXA DE SAN LOURENZO

Relixioso
312

Localización

Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 45.0" N - 7º 53' 02.0" W

Descrición

Pequena igrexa rural que podemos datar en torno ao S.XVI. O máis destacado é a súa fachada, flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por unha fornela coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un almofadado de corte renacentista. O acceso á igrexa está formado por unha grande escalinata de corte barroco.

Acceso

No mesmo pobo de Barbadás.
Arriba
Axúdanos a mellorar!