ERMIDA DE SAN BIEITO

Relixioso
1202

Localización

Parroquia: Piñor (San Lourenzo)

Lugar: A Parada

Barrio Godexas 5

32930  Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 09.9" N - 7º 54' 29.9" W

Descrición

Ten un pórtico na fachada principal, sobre unha terraza balconada á que se accede por unha porta  dende o interior.
Baixo e cuberta está a porta de entrada principal con lintel, con dous ocos rectangulares nos laterais. A planta é rectangular, e o presbiterio está máis elevado que o resto, a cuberta é a catro augas e os finais teñen pináculos nas catro esquinas.
Pola parte traseira o presbiterio ten a sacristía con planta rectangular, que sobresae polo lado norte, con cuberta a dúas augas, e con varios ocos nos muros ademáis de porta de entrada dende o exterior.
A ermida ocupa unha situación privilexiada dende a que se pode ve-lo val e a cidade de Ourense. No seu recinto atopamos un cruceiro. Moi próximo ó Tangaraño de recomendable visita.

Acceso

Dende o Concello de Barbadás colleremos a Estrada de Celanova (OU-160) dirección A Valenzá, desviarémonos a esquerda por a estrada OU- 0518, que recorremos 2,9 Km para desviarnos a dereita, seguimos 200m e novo desvio a dereita na Rúa Outón de Abaixo, seguimos 1,8 km en encontramos a ermida desviándonos 33 m. a dereita.
Arriba