IGREXA DE SAN ILDEFONSO

Relixioso
781
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)

Lugar: San Cibrao das Viñas

32911  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 48.9" N - 7º 52' 21.9" W

Descrición

Igrexa de cronoloxía indeterminada pero con claro estilo plateresco. Exterior sinxelo destacando a decoración da portada, con arcos de medio punto entre pilastras talladas e con doelas decoradas con motivos xeométricos. Lintel decorado con secuencias de cabezas. Portada con frontón clásico e especie de rosetón que rompe a robustez da fachada e contribúe ao seu dinamismo. Campanario de planta cuadrangular con tres corpos en alzado destacando as ventás do terceiro nivel.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!