Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DE SANTO CRISTO&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DE SANTO CRISTO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5773/capela-de-santo-cristo?langId=gl_ES
Parroquia: San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)
Lugar: San Cibrao das Viñas
32911 San Cibrao das Viñas - Ourense
A igrexa patronal foi construída entre os séculos XVI-XVIII; de estilo claramente renacentista, con portada plateresca, está asentada sobre os cimentos do que podería ser unha construción romana. A portada conta cun arco de medio punto entre pilastras talladas e con doelas decoradas con motivos xeométricos. No seu tímpano debemos destacar unha venera de grandes dimensións. Un rosetón circular érguese por riba da porta principal e rompe a robustez da fachada e contribúe ao seu dinamismo.
O lintel está decorado cunha secuencia de cabezas, con frontón clásico. Coroando o frontispicio érguese unha cruz antefixa de singular beleza. Apegada ao lateral atópase a torre do campanario con tres corpos para oito campás, aínda que na actualidade só dúas campás repican o son do vello aceiro. No seu interior destacan un Cristo gótico e unha Inmaculada barroca, ademais da cruz parroquial, peza do século XVII, obra do prateiro Isidro Montanos (1687).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.