IGREXA DE SAN ANDRÉ

Relixioso
1076
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rante (Santo André)

Lugar: Rante

32910  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 13.9" N - 7º 51' 19.0" W

Descrición

Ao entrar no lugar de Rante, unha fermosa igrexa de arte románica indícanos onde se celebra o culto a santo André. A súa construción é de cantería isodoma, con planta rectangular e cuberta a dúas augas. A porta central de acceso conta cun arco lixeiramente apuntado. Presenta tamén na fachada unha fiestra con arco de medio punto.

O campanario ten oco para dúas campás. Reconstruída no século XVII, posúe unha virxe sedente en pedra gótica.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!