IGREXA DE SAN MIGUEL

Relixioso
103
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Soutopenedo (San Miguel)

Lugar: Penedo

32910  San Cibrao das Viñas - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 33.0" N - 7º 52' 37.9" W

Descrición

Igrexa do século XII, de planta basilical, sobre a que se asenta unha fermosa torre barroca de tres corpos, posiblemente do século XVIII, que nos permite admirar a que quizais sexa a balaustrada máis fermosa de todo o Concello, rematada en cada unha das esquinas con pináculos de bóla, en granito macizo. O tellado, a dúas augas, deixa ver unhas pequenas e fermosas gárgolas que se empregaban para aliviar a auga de choiva, ou simplemente para decorar ou afastar os malos espíritos ou repeler os infieis do camposanto.

Se se observa detidamente a igrexa, pódese apreciar claramente que a altura que presenta non é a que inicialmente ía ter cando se comezou a súa construción. Algo sucedeu que obrigou a parar a obra, en altura, deixando á vista parte do que sería a igrexa por dentro.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!