CAPELA DE SAN SEBASTIÁN DO PICO SACRO

Relixioso
169
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Granxa (San Lourenzo)

Lugar: A Granxa

15881  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 24.0" N - 8º 26' 47.0" W

Descrición

Fermosa capela de planta de salón localizada na ladeira do lendario Pico Sacro, moi preto da cima. Permanece da primitiva construción o altar do presbiterio (s.XI), construído en granito e o retablo en cachotaría. Na Capela Maior, de época románica, consérvase un par de columnas que responden ao estilo mateano e serven de apoio a un arco triunfal. Durante os séculos XIX e XX, sucédense os arranxos e reformas do santuario que afectan ás bóvedas e ao tellado, constrúese o alpendre e refíxose o arco de pedra. No ano 1998, o Concello restaurou todo o templo e reacondicionáronse os accesos e diversas sendas de percorrido do Pico.

Acceso

Pola N- 525 dirección Ourense, pasando o cruce da Susana, á 5,8 km. xirar á esquerda no cruce dirección Cachosenande- Pico Sacro pola DP- 1202 e seguir esta estrada ata chegar case ó cumio do Pico onde se xira nun cruce sinalizado á esquerda cara Pico Sacro.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba