IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ORDES

Relixioso
1329
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Ordes

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 27.0" N - 7º 59' 27.9" W

Descrición

Construída no século XII, de planta rectangular en pedra revogada e con cuberta de tella a dúas augas, rematada por pináculos. Na ábsida consérvanse pinturas murais e os canecillos. A fachada presenta porta de entrada con arco de medio punto, con grandes doelas estriadas, óculo central. A espadana campanario é de dous vans, con dobre formación case triangular superposta, rematada por pináculos, e no centro unha cruz con viraventos. A igrexa está rodeada dun muro de cachotaría que a illa da estrada.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide, á altura do km 5, lugar da Cabana Vella, tomamos o desvío á esquerda e seguimos ata a igrexa de Santa María de Ordes.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba