IGREXA PARROQUIAL DE SAN XIAO DO MONTE

Relixioso
964
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xiao do Monte (San Xiao)

Lugar: San Xiao

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 45.0" N - 7º 57' 12.9" W

Descrición

Construída en pedra revogada, ten planta de forma rectangular. A cuberta é de tella a dúas augas. A fachada presenta unha porta con arco de medio punto e óculo central. A espadana campanario é dun van, e remata en forma de triángulo con pináculos nos vértices. Atópase rodeada por unha muralla.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide, á altura do km 5, lugar da Bragaña, tomamos a desviación á dereita e seguimos ata pasar o lugar de Piñeiro, onde colleremos outro desvío á esquerda; tras percorrer 1 km chegaremos a San Xiao.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!