SANTUARIO DA VIRXE DE GUNDIÁN

Relixioso
242
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Ponte Ulla (Santa María Madanela)

Lugar: Gundián 2

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 53.9" N - 8º 23' 33.9" W

Descrición

Está situado nun lugar poboado de árbores, con dúas fontes, e un miradoiro dende o que se divisa a ponte do ferrocarril, ao que se chega por un camiño flanqueado de carballos. A capela, construída no s. XVIII, é de planta rectangular. A fachada principal destaca polo pórtico sostido por catro columnas de pedra. No muro ábrense dúas grandes ventás enrexadas, unha a cada lado da portada, e un arco con tres vans. Unha espadaña de dobre campá remata a fachada. A imaxe da Virxe atopa nunha fornela enrexada nun lateral do edificio, sobre unha das fontes milagrosas. A outra fonte está ao final das escaleiras que atopamos en fronte.

Acceso

Dende o concello colleremos a DP-8203 dirección Ourense, a cal se une ca DP-1202 e seguirémola ata o seu remate, no cruce no pobo de Lestedo. Alí, colleremos cara a dereita dirección Ourense pola N-525 ata chegar ó pobo de A Ponte Ulla. Unha vez alí, pasaremos as gasolineiras e xusto pasada a ponte sobre o río, atoparemos un cruce cara a esquerda onde torceremos e continuaremos uns 200 metros ata ver unha sinal en rosa que pon “Capela de Gundián” e seguiremos unha estreita estrada ata chegar arriba onde outro indicador nos mandará coller cara a esquerda cara a capela.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba