IGREXA DE SANTA CRUZ RIBADULLA

Relixioso
216
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz)

Lugar: Ortigueira

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 17.0" N - 8º 25' 32.9" W

Descrición

Esta igrexa parroquial está situada no interior do terreo do Pazo de Ortigueira ou de Santa Cruz. É de planta rectangular e cunha estilizada cruz coroando a cuberta. Na entrada atopamos unha fermosa pila bautismal. No interior cabe destacar o retablo obra de Juan Bautista Celma (1576) que foi restaurado recentemente.

Acceso

Atópase dentro do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
Dende o concello colleremos a estrada DP-8203 dirección Ourense que se une á DP-1202 pola que seguiremos ata que desemboque nun cruce no pobo de Lestedo. Alí, colleremos cara a dereita dirección Ourense pola N-525 e continuaremos ata chegar ó pobo de Santa Cruz de Ribadulla e seguiremos ata chegar a un cruce que ten a sinal “Pazo de Santa Cruz de Ribadulla”. Alí saímos cara a dereita e continuaremos por esa estrada ata chegar a seguinte indicación cara o pazo e a 300 metros chegaremos á zona do aparcadoiro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba