CAPELA DE SANTO ANDRÉ

Relixioso
944
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Mamede de Ribadulla (San Mamede)

Lugar: Socastro

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 39.0" N - 8º 26' 21.9" W

Descrición

Pertence á Casa Grande da Costa, aínda que está situada no lado exterior do muro de peche da casa. A capela, de boas dimensións, é de planta rectangular. A fachada está coroada cunha espadaña dunha sóa campá. Na parte posterior da capela pódese ver unha cruz románica de pedra. No interior, fronte á porta, atopamos unha escultura do s XV que posiblemente pertenceu a unha tumba xa que a súa parte posterior está pouco traballada. Representa un guerreiro vestido con cota, as mans enguantadas que aferran unha espada e un puñal envainado na cintura. Próximo a este hai outra figura antropomórfica labrada en pedra, de menores dimensións.

Acceso

Dende a casa do concello colleremos a DP-8203 dirección Ourense  que se une ca DP-1202 pola cal continuaremos ata  o final da estrada que nos leva ata o cruce do pobo de Lestedo. Dende alí colleremos cara a dereita, dirección Ourense pola N- 525 a cal seguiremos ata un cruce a man dereita que pon “Sucastro”, e continuaremos a estrada todo de fronte ata chegar a un cruce. Alí, no cruce, colleremos á esquerda onde a uns metros xa veremos a capela.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba