IGREXA DE SANTA MARÍA DE CELA

Relixioso
1909

Localización

Parroquia: Cela (Santa María)

Lugar: Igrexario

36938  Bueu - Pontevedra

Coordenadas:
42º 19' 36.0" N - 8º 45' 10.0" W

Descrición

Templo parroquial dende o que se divisa unha magnífica panorámica. De estilo románico (século XII), amosa a tipoloxía das igrexas mandadas construír pola orde dos sanxoanistas. Consta dunha soa nave que remata nunha ábsida rectangular á que se abre un van de arcos de aresta. Destacan no presbiterio dous arcos oxivais con curiosas figuras en bases e capiteis. Cara ao exterior, a porta de acceso atópase enmarcada por dúas arquivoltas apuntadas, sustentadas por columnas acobadadas nas xambas. Posúe un curioso tímpano ornamentado con dous leóns que flanquean unha figura encapuchada e tres cruces.

Acceso

Partindo de Bueu cara a Marín, pola estrada PO-551, tras percorrer 1 km, tomamos un desvío á dereita (sinalizado) e ascendemos 1 km pola estrada PO-1304 ata atopar a igrexa á marxe dereita; na beira esquerda hai unha zona de aparcadoiro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!