IGREXA DE SANTA MARÍA NAI

Relixioso
2226
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Santa María, s/n

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 08.0" N - 7º 51' 47.9" W

Descrición

Probable localización da primitiva catedral de Ourense. Reconstruída no 1084 como reza nunha inscrición lateral. Aquela igrexa demoleuse en 1722 para levantar a nova igrexa de estilo barroco. Da primeira basílica só quedan unhas columnas e os seus capiteis de mármore, no segundo e terceiro corpo. Ao exterior tres corpos e tres rúas enmarcadas en pilastras acanaladas e na zona superior motivos heráldicos no frontón e dous torreones aos lados.
Interior con planta de cruz latina con bóveda nervada e retablo churrigueresco en madeira no centro da cal se alberga a imaxe barroca de Santa María Nai.

Acceso

Núcleo urbano.
Accesibilidade: peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!