CAPELA DO SEMINARIO MENOR

Relixioso
1219
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vista Fermosa (San Xosé)

Lugar: Granxa

Estrada do Seminario, s/n

32002  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 32.6" N - 7º 52' 53.1" W

Descrición

Mandada construír como capela privada por Fernando Pérez Bobo, baixo proxecto de Javier Cantón, entre 1868 e 1873, é o típico exemplo de finais do XIX no que se mesturan elementos historicistas e eclécticos. Deste xeito vemos a influencia barroca nunha escaleira monumental con balaustrada coroada por diferentes esculturas de santos, mentres que a fachada contén elemento góticos e está presidida por un grande arco conopial e rematada por un esvelto cupulín.
Atópase na aba dunha montaña dende a cal se poden contemplar maxestosas vistas da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba