IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DA RÉGOA OU DE SANTO DOMINGO

Relixioso
2096
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Santo Domingo s/n

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 24.9" N - 7º 30' 45.0" W

Descrición

Forma parte do Convento de Santo Domingo. A súa construción data do século XVII e foi promovida polos VII condes de Lemos. Atópase na ladeira do monte de S. Vicente. Presenta nave rectangular e presbiterio cuadrangular cuberto con cúpula de media laranxa. Engadidos posteriores no alzado norte son a sancristía e o edículo da Virxe do Rosario. Accédese ao templo polos muros oeste e sur onde se atopa o acceso principal. Destaca na igrexa o órgano e o artesoado que cobre a nave rectangular. É notable o retablo maior rococó que cobre totalmente o testeiro. A igrexa conta con outros retablos dos séculos XVII e XVIII como os da Virxe do Rosario, S. Pedro Mártir, o da Virxe do Carme e o de Santo Antonio. Tamén se atopa no templo algún cadro e esculturas de interese.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba