IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE RIBAS ALTAS

Relixioso
404
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribas Altas (San Pedro)

Lugar: A Eirexa 1

27410  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 57.5" N - 7º 29' 48.5" W

Descrición

Igrexa de traza románica edificada entre os séculos XII e XIII no núcleo de Eirexe. Ten planta rectangular con ábsida semicircular románica na cabeceira con columnas e xanela no corpo central. A cuberta é de dúas augas resolta en tella. A fachada principal, con reformas que desfiguraron a imaxe románica, en portada de arco apuntado e espadana con dous vans con arcos de medio punto. No interior conserva na capela maior pinturas murais alusivas ao Xuízo Final do século XVII. O retablo maior é de estípites do século XVII con esculturas de San Pedro, a Quinta Angustia, San Xosé e Santa Eufemia. No retablo dereito atópanse esculturas de Santo Domingo de Guzmán e de Santo Antonio de Padua. No esquerdo atópanse bustos de San Pedro e San Pablo e esculturas de San Leandro e San Roque.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!