IGREXA DE SAN XOÁN DO ESTO

Relixioso
437

Localización

Parroquia: O Esto (San Xoán Bautista)

Lugar: A Parrocha

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 45.0" N - 8º 52' 57.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco e tipoloxía rural, que presenta unha planta de forma rectangular, dunha soa nave con presbiterio. A ábsida é de planta cadrada, cunha cuberta de bóveda de canón, sustentada por arcos perpiaños. Ten unha sancristía pegada ao muro norte do presbiterio, con acceso por medio dunha porta interior. Os muros son de pedra revogada no interior e exterior, agás na bóveda, arcadas e vans, onde se deixa a pedra á vista. A cuberta no exterior é a dúas augas. Na fachada principal sobresae a espadaña de formigón, cunha fornela na súa base, formada por dous vans con arcos de medio punto, rematada de forma triangular por pináculos.

Acceso

Dende a estrada Ponteceso-Laxe toma o desvío á esquerda na CP-1402 hacia Nantón deixando Neaño á dereita. Pasado O Reguengo e o Bosque, desviámonos á esquerda no cruce de Leas ata pasar a rentes da igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!