IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE SARCES

Relixioso
954

Localización

Parroquia: Sarces (San Amedio)

Lugar: As Virtudes

15118  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 24.9" N - 9º 00' 15.9" W

Descrición

A base arquitectónica románica deste templo data de finais do século XII ou primeiros do S. XIII, pero daquela obra queda moi pouco, xa que a ábsida foi reconstruída nos últimos anos do S. XVII e a nave no S. XVIII. 
Presenta unha planta de salón formada por unha capela maior ou presbiterio. Arrimada ó muro norte da capela maior, e comunicada directamente con ela mediante unha porta, ten a sancristía. A fachada, coa clásica traza pentagonal, culmínase cunha espadana de grandes dimensións. A porta, formada por un arco de medio punto, presenta grandes doelas. A capela maior está cuberta por unha bóveda octogonal, rematada na parte central nunha pequena lanterna con cristais de cores que ilumina o interior. No muro sur da nave abríronse dous nichos ocupados polos retablos da Virxe do Carme e da Virxe de Luján. Arrimada ó muro oeste da nave atópase a tribuna, de recente construción. No exterior da igrexa hai un atrio de reducidas dimensións, a abandonada casa rectoral e o cemiterio.

Acceso

Situados en Laxe, tomar a estrada AC-433 Laxe-Ponte do Porto. En Soesto desviarse á esquerda, e incorporarse á CP-4001 Laxe-Baio. Coller o segundo desvío á man esquerda hasta atopar á Igrexa Parroquial á dereita. 

Estilos

Barroco
Arriba