IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BAAMORTO

Relixioso
1121
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baamorto (Santa María)

Lugar: Cinsa 1

27417  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 17.0" N - 7º 32' 24.0" W

Descrición

Está situada no núcleo das Devesas fronte á Casa Priorado. O templo, reformado nos séculos XVII e XVIII, conserva algúns restos románicos: canzorros e estribos da capela maior, porta sur con mochetas e arco interior e algunha seteira de arquiño. A porta principal situada ao oeste é de medio punto con moldura barroca. Na fachada principal presenta tamén un reloxo e campanario de dous vans. A nave rectangular está cuberta a dúas augas de madeira resolta en tella. Destaca o soportal que rodea a igrexa nas fachadas oeste e sur. Na fachada sur tamén se atopan interesantes pinturas murais que a cobren en toda a súa extensión. O retablo maior é neoclásico e conta con esculturas da Asunción e dous anxos. Os outros dous retablos situados na capela maior son tamén neoclásicos.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba