IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE MOREDA

Relixioso
821
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Moreda (San Salvador)

Lugar: Regueiro 6

27592  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 24.0" N - 7º 35' 24.0" W

Descrición

Da obra románica conserva un fragmento de muro pola parte dereita da nave, con porta de arco semicircular e seteira enriba. Na nave existe unha lápida con escudo con barras verticais, árbore desenraizada, león e barras e outra lauda máis con motivos heráldicos moi borrosos. O retablo maior é neogótico con fragmentos de columnas salomónicas pertencentes posiblemente ao anterior retablo compañeiro dos conservados actualmente na nave. A imaxe máis popular é a do Divino Salvador, de carácter popular coa bóla do mundo na man esquerda e a dereita bendicindo, coroa de maxestade, túnica, manto e barba. No interior tamén cabe destacar a presenza de pinturas murais baixo a cal dos muros.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!