IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE PACIOS

Relixioso
1113

Localización

Parroquia: Pacios (Santa María)

Lugar: Airexe

27680  Baralla - Lugo

Coordenadas:
42º 55' 15.0" N - 7º 18' 15.9" W

Descrición

Construción barroca de planta cadrada. Muros de cadeirado granítico. A fachada ten un pórtico con dez columnas de granito con capiteis xónicos. Campanario de dous corpos, o primeiro con dous vans arqueados e o segundo cun van rematado por un frontón circular.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-VI en dirección a Lugo. A 6 km. no lugar de A Valiña xírase á dereita cara a Lamas. A 800 m. está Pacios e 200 m. máis adiante a igrexa.
Arriba