IGREXA PARROQUIAL DE SAN XURXO DE LOURENZÁ

Relixioso
958
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xurxo de Lourenzá (San Xurxo)

Lugar: A Franca

27751  Lourenzá - Lugo

Coordenadas:
43º 27' 03.9" N - 7º 17' 43.9" W

Descrición

Templo que foi construído no s. XVIII sobre edificacións anteriores, situado sobre un antigo castro, solitario e con fermosas vistas sobre o val. De planta rectangular con muros recebos e cuberta de lousa a dúas augas. Consta de nave con dúas capelas laterais, capela maior e sancristía á esquerda desta. As dúas capelas laterais foron realizadas a principios deste século. En frontis, pórtico con entrada arqueada con cuberta de lousa a tres augas, porta principal con arco carpanel e a inscrición "Es Iglesia de refugio", e espadaña de dous corpos e tres vans de estilo barroco. Interior: retablo maior do s. XIX de estilo neoclásico, retablo lateral esquerdo barroco e lateral dereito popular, con varios talles de diferentes épocas.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!