IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE MILLEIRÓS

Relixioso
540

Localización

Parroquia: Milleirós (San Xoán)

Lugar: Milleirós

27533  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 58.9" N - 7º 47' 38.9" W

Descrición

Románica, con reformas do século XIX. Nave rectangular e capela maior cadrada. Muros de cachotaría e cadeirado de granito e cuberta a dúas augas na nave e a catro na capela maior. O arco triunfal é de medio punto en aresta e impostas. Sancristía pegada ao alzado N do presbiterio e espadana de dous corpos.

Acceso

Partindo de Castro, tomar dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar á dereita dirección Chantada (N-540) e a 2 km. tomar desvío á dereita sinalizado. A 1,5 km. atópase o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!