IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE PRADEDA

Relixioso
467

Localización

Parroquia: Pradeda (Santiago)

Lugar: Pradeda

27533  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 41.0" N - 7º 48' 29.9" W

Descrición

Románica, da segunda metade do século XII que se conserva íntegro. Planta basilical, muros de cadeirado e cachotaría de granito e cuberta a dúas augas. Sancristía pegada ao lado N do presbiterio. Ventá no testeiro, de medio punto con arquivolta de baquetón e capiteis zoomorfos. Seteiras e canecillos nos muros. Porta principal de medio punto. O arco triunfal é apuntado con arquivolta de sección rectangular con baquetón e billetes. Columnas de unha orde e capiteis de factura ruda.

Acceso

Partindo de Castro, tomar dirección A Barrela, que está a 2,4 km. Alí tomar á dereita dirección Chantada (N-540) e a 2 km. tomar desvío á esquerda onde hai unha marquesiña. A 150 metros está a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!