CAPELA DAS AUGAS SANTAS

Relixioso
982
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pantón (San Martiño)

Lugar: As Augas Santas

27438  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 56.0" N - 7º 35' 52.9" W

Descrición

Reconstruída no s. XX, pero consérvanse detalles prerrománicos,  románicos e góticos. Ten nave de planta rectangular, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto apuntado, apoiado sobre xambas, tímpano con mochetas lisas, nacelas e xambas decoradas con perlas diminutas. Enriba hai unha ventá de arco redondo con doelas irregulares. Soportal sobre piares de pedra e canecillos decorados con figuras. Ten outras dúas portadas con mochetas ornamentadas.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Monforte. Aos arredores de pobo cóllese o desvío a man esquerda. A dous km xírase á dereita e a douscentos m está a capela.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!