IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE CANGAS

Relixioso
845
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago)

Lugar: Cangas

27437  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 56.9" N - 7º 38' 06.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten nave de planta rectangular. Muros de granito con cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten portada con moldura acodillada, unha ventá redonda e remates piramidais nos ángulos. Sancristía na cabeceira. Espadana de dous vans. Ten retablos con imaxes no seu interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase  a LU-P-4103, a 4 km no lugar de Arribada tórcese á esquerda. A 1 km e medio está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!