IGREXA PARROQUIAL DE SAN XULIÁN DE SERODE

Relixioso
137
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Serode (San Xulián)

Lugar: A Lama

27437  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 23.0" N - 7º 37' 57.9" W

Descrición

Construída no último cuarto do s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular. Muros de cadeirado granítico, cuberta a dúas augas e tellado de tella. Sancristía pegada a un dos muros laterais. Espadana de dous vans. Ten un retablo con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Ourense. A un km cóllese o desvío á esquerda e a dous km tórcese a man esquerda. A douscentos m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba