IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE FRONTÓN

Relixioso
738
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Frontón (San Xoán)

Lugar: Frontón

27437  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 26' 45.9" N - 7º 40' 01.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII, pero sofre reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular con muros de cachotaría e tellado de lousa. A fachada, de cadeirado granítico, ten un remate a xeito de frontón recto. Sancristía pegada a un lateral da nave. Espadana de dous vans, a ela accédese por unha escaleira exterior de ferro. Ten retablos con esculturas no interior.

Acceso

Na capital do municipio, tomamos a LU-P-4103, a 9 km xiramos á esquerda e a 100 m está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!