IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DO NOCEDO

Relixioso
933
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Nocedo (San Lourenzo)

Lugar: Nocedo

27329  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 11.9" N - 7º 18' 29.9" W

Descrición

Templo de planta rectangular con nave cuberta a dúas augas de estilo renacentista, os muros son de mampostería en xisto e están encalados. Ao exterior, un recinto semi-cuberto danos a benvida ao recinto eclesiástico; un gran portón situado na fachada principal danos paso ao interior da igrexa e outro situado no costado sur da nave, ambos son de arco redondo. O retablo maior é de corte renacentista coas imaxes de San Pedro e San Pablo. Encima da fachada da nave erguese unha espadana de dous vans, tamén arqueados que gardan as campás e encima de eles unha cruz coroando o conxunto.

Acceso

Para acceder a esta igrexa se debe coller a N-120 en dirección a Monforte de Lemos ata chegar o cruce do “Pontido” que nos leva ao Nocedo collendo o sentido da dereita meténdonos cara unha carretera que sube, logo encontraremos un desvío cara a esquerda para chegar ata o Nocedo e visualizar a Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Renacentista
Arriba
Axúdanos a mellorar!